Domingo, 22 Abril de 2018

Alerta laranxa por vento

/ Venres, 23/03/2018 - 15:32
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, no boletín 59/71GAL, dun fenómeno meteorolóxico adverso por VENTO nivel LARANXA, con refachos de ata 100 km/h. que se iniciará na media tarde do día 23/03/18 e espérase que remita nas primeiras horas da tarde do día 24/03, e que afectará á Coruña (Noroeste), e Lugo (A Mariña).

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunica que, en previsión destes feitos se adopten as medidas preventivas necesarias ante as citadas predicións meteorolóxicas.