Xoves, 21 Xuño de 2018

Cambio de sentido da Rúa Castelao polas obras na Avenida de Galicia

/ Luns, 02/04/2018 - 16:27
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Este luns comeza a segunda fase na obra de renovación de redes de servizos e a medida manterase únicamente durante dúas semanas.

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz Otero, vén de publicar un bando para informar á veciñanza de que a partir deste luns, día 2 de abril, e ata o vindeiro 16, cambiará o sentido de circulación rodada na rúa Castelao. A medida é necesaria porque comeza a segunda fase das obras da Avenida de Galicia, que afectará ao tramo que vai dende o cruce con Castelao ata a intersección con Os Corzás.

Así, mentres que as obras manteñan cortado o acceso a Castelao, de sentido único, os vehículos deberán acceder polo vial de nova apertura que conecta a rúa dos Corzás con Castelao e cuxa entrada se sitúa entre o Casino Mugardés e o Bar Lúa. Desta maneira garántese a posibilidade de achegarse en coche tanto aos garaxes, como ao aparcamento público, ao supermercado, á froitería e ao Centro de Maiores, todo na rúa Castelao. Os vehículos terán saída pola rúa Apelón.

As obras na Avenida de Galicia consisten na renovación completa das redes de auga potable, pluviais e fecais, así como o pavimento. A intervención conta cun presuposto de 87.483 euros con cargo ao POS 2017, costeado con fondos da Deputación da Coruña e o Concello.