Domingo, 23 Setembro de 2018

XVI Certame de Relato Curto en Galego "Concello de Mugardos"

/ Luns, 02/04/2018 - 13:27
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O prazo de presentación estará aberto durante 15 días hábiles contados a partir de hoxe luns, día 2 de abril.

BASES DO CERTAME DE RELATO CURTO

Participación

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, sen límite de idade.

Características dos relatos

Os relatos terán unha extensión máxima de 10 folios e serán realizados obrigatoriamente en lingua galega. O tema será libre. Deberan presentarse en formato DIN A4 por unha cara, mecanografados a dobre espazo, con corpo de letra 12 e encabezados polo título. Os textos terán que ser orixinais, inéditos e non premiados en calquera outro tipo de concurso.

Premios

Establécense 3 categorías nas que o xurado designará un/unha gañador/a por categoría:

  • Ata 12 anos, inclusive: o premio será dun bono de 100€.
  • De 13 a 17 anos, ambos inclusive: o premio será dun bono de 200€.
  • Iguais ou maiores de 18 anos: o premio será dun bono de 400€.

O premio de cada unha das categorías consistirá nun bono para mercar libros en galego. Para os relatos infantís haberá Mencións Especiais con diploma acreditativo e lote de libros, se o xurado o considera oportuno.

Documentación a presentar cos relatos

As/os participantes poderán presentar ata un máximo de 3 relatos pero só terán opción a un premio. Achegaranse tres copias sen asinar dentro dun sobre pechado que especificará no exterior o pseudónimo elixido polo/a autor/a, a categoría á que se presenta e o nome do certame. Dentro deste sobre incluirase outro sobre pechado, co pseudónimo no exterior, que deberá conter no seu interior os datos do autor/a (nome, apelidos, enderezo e teléfono) e fotocopia do documento de identidade ou pasaporte, ou no seu defecto libro de familia, así como a declaración xurada de aceptación das bases do certame e de que a obra presentada é orixinal do/a autor/a e inédita. Se é posible xuntarase soporte informático do relato.

Prazo de entrega e envío

O prazo de entrega dos relatos será de 15 días hábiles dende o día de hoxe, luns 2 de abril. Presentaranse no Rexistro de entrada do Concello de Mugardos, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou enviaranse mediante correo certificado ao seguinte enderezo indicando:

XVI CERTAME RELATO CURTO CONCELLO DE MUGARDOS

Concellaría de Política Lingüística do Concello de Mugardos

Avda. de Galicia, 45

15620 Mugardos (A Coruña)

Ditame do xurado

O xurado, designado polo Concello de Mugardos, emitirá o seu ditame o 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, dando cumprida notificación deste nos xornais de maior difusión  no Concello e na Comunidade Autónoma. Os premios poderán ser declarados desertos.

Propiedade dos relatos premiados

O Concello de Mugardos resérvase a propiedade dos relatos premiados, así como os dereitos de publicación das obras premiadas nos medios que considere oportunos. Neste sentido o/a autor/a renuncia a favor do Concello a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor, podendo cederlle ao premiado/a o uso e reproducción. Os relatos non premiados permanecerán na casa do Concello, a disposición dos seus autores/as, durante os dous meses seguintes á entrega de premios. Transcorrido este período, os que non foran reclamados serán destruídos.

O acto de entrega de premios comunicarase no momento oportuno.

A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado que será inapelábel.

Arquivo engadido: