Xoves, 21 Xuño de 2018

Alerta laranxa por un fenómeno adverso costeiro

/ Martes, 10/04/2018 - 17:42
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, no boletín 69/71GAL_C_C_RN_TT emitido o día 09/04/2018 ás 11:07 horas, dun fenómeno meteorolóxico adverso COSTEIRO de nivel laranxa por mar combinada que afectará a todo o litoral da Comunidade Autónoma a partir do mediodía do 10/04/2018 con mar combinada do W de 5 a 6 m., ocasionalmente entre 6 e 7m. en torno a Fisterra.