A ARRU para os núcleos de Mugardos e O Seixo prevé mobilizar un presuposto total de 133.428,57 euros, dos cales 115.000 euros corresponden ás actuacións de rehabilitación de vivendas e o resto serven para costear a oficina encargada da xestión do programa. O 47,55% da inversión corresponde aos propietarios das vivendas; o 33,28% é costeado polo Ministerio de Fomento; o 13,42% sufragao a Xunta, e o 5,72% aportao o Concello. Para o correcto desenvolvemento do programa é importante, segundo subliñou a alcaldesa, a ampliación do plazo de execución das obras ata finais de 2019, dado que o primeiro plazo previsto, ata o 15 de setembro deste ano, era excesivamente axustado.
A Oficina de Rehabilitación, no Concello de Mugardos, abre para a atención á cidadanía os xoves, en horario de mañá e tarde, e tamén os venres pola mañá.