Domingo, 22 Abril de 2018

O programa "Mugardos Camiña" vai o vindeiro domingo ata o Río Belelle

/ Venres, 13/04/2018 - 08:51
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O programa "Mugardos Camiña" ten este próximo domingo, día 15 de abril, unha nova saída.

Nesta ocasión, a ruta de sendeirismo percorrerá terras próximas ao río Belelle e pasará pola súa coñecida fervenza, en territorio de Neda. Nesta ocasión, as persoas participantes deberán estar ás nove da mañá no Concello, e o regreso está previsto para as 14.00 horas.
 
“Mugardos Camiña” é un programa organizado polo Concello de Mugardos coa colaboración da Asociación de Veciños Montefaro, cuxo obxectivo é promover a práctica dun exercicio físico moderado, ao alcance da maior parte da veciñanza, e ao mesmo tempo coñecer mellor o patrimonio paisaxístico e natural da contorna.
 
As persoas interesadas deberán haber realizado a súa inscrición, de maneira gratuíta, antes do xoves.
 
No programa teñen participado xa unhas duascentas persoas, aínda que de media toman parte en cada ruta entre 30 e 60.