Domingo, 23 Setembro de 2018

Adxudicadas obras de mellora en oito camiños municipais por valor de máis de 132000 euros

/ Luns, 16/04/2018 - 14:58
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O proxecto contempla intervencións de certo calado para garantir a aús durabilidade durante unha década.

Xunta de Goberno vén de resolver a adxudicación dun importante paquete de obras de mellora que afectará a oito camiños municipais e que contaba cun presuposto de licitación de máis de 188.000 euros. A empresa de construción Ogando gañou o concurso, no que houbo 12 ofertas, cun presuposto de 132.031,33 euros. A alcaldesa, Pilar Díaz, destacou que o proxecto redactouse coa intención de que as actuacións teñan unha vida útil alomenos dunha década, polo que serán intervencións de certo calado, máis aló dunha mera renovación do pavimento.

A mellora de camiños municipais afectará a viais da zona urbana e rural de Mugardos. Así, faranse obras nas Viñas, Mariocos, Contramaestre Casado, Mercado e Curros Enríquez, cun tipo de pavimento máis durareiro do habitual. Serán particularmente profundas as intervencións na Rúa Casás, cuxo estado esixe o saneo da calzada e a reposición de dous tramos de beirarúas, e Coruto, onde tamén se realizará un saneamento previo e a extensión de varias capas de grava antes do asfaltado. Tamén renovaranse por completo dous tramos de beirarúas de O Cristo.

O prazo de execución é de catro meses.