Xoves, 19 Xullo de 2018

Proxecto de mellora ambiental do parque de Roibeiras

/ Luns, 16/04/2018 - 14:48
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A Xunta de Goberno aprobou solicitar unha axuda á Deputación para executar a obra, orzamentada en 16248 euros e con máis do 78% de financiación municipal.

A Xunta de Goberno Local de Mugardos vén de aprobar a solicitude á Deputación da Coruña dunha subvención do Plan Complementario do Plan de Medioambiente, para levar adiante un proxecto de mellora medioambiental do parque de Roibeiras, en Simou. A actuación está orzamentada en 16248,84 euros e a aportación municipal sería de máis dun 78%. A axuda solicitada á institución provincial é de 2873,21 euros.

O proxecto contempla a adaptación á normativa dos xogos infantís que existen no devandito parque, reparando ou sustituíndoos nalgúns casos, así como a limpeza das marxes do pequeño río que pasa por alí e a replantación da zona verde con especies autóctonas, nomeadamente carballos.

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz Otero, expresou a súa confianza en que o proxecto sexa aprobado pola Deputación, así como en obter coa axilidade precisa as autorizacións necesarias, entre elas a de Augas de Galicia, para poñer en marcha a actuación. A responsable subliñou que esta obra permitirá o uso do parque infantil con maior seguridade e que a limpeza da zona e a replantación con carballos dotará a esta área de lecer dun novo valor para a cidadanía.