Martes, 22 Maio de 2018

Participa! Alza a túa voz!

/ Martes, 08/05/2018 - 08:16
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Busquemos a solución ao despoboamento, FALEMOS en clave positiva. O despoboamento dos territorios rurais é un dos grandes retos aos que nos enfrontamos!

Fan falta máis investigacións multidisciplinares sobre os grandes desafíos sociais, e para logralo hai que consultar a todos os axentes implicados. Esa é unha das claves: contar coa participación e a implicación dos habitantes do medio rural, actores rurais, institucións, empresas...
 
Nesta ocasión dirixímonos aos MOZOS e MOZAS: queremos coñecer as vosas inquietudes, as túas necesidades, a eficiencia das medidas que as entidades gobernamentais están a implementar... ou que outros instrumentos, ferramentas ou normas serían necesarios para fixar poboación xuvenil nos territorios rurais. Tamén queremos escoitar as túas propostas de primeira man, darche voz, empoderar á xente máis nova do medio rural porque nas túas mans está o futuro dos territorios rurais.
 
Como podes participar?