Martes, 21 Agosto de 2018

Adxudicación das obras de mellora nas rúas Peteiro e Beiramar

/ Luns, 14/05/2018 - 10:16
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A actuación, que se fai con cargo ao PAS de 2015, comezará de inmediato.

A Xunta de Goberno local de Mugardos vén de adxudicar á empresa construtora Canarga as obras de mellora das rúas Peteiro e Beiramar. Segundo informou a alcaldesa, Pilar Díaz Otero, as actuacións sairon a licitación cun orzamento de 32737,21 euros, que a oferta gañadora rebaixou ata os 19608,99 euros. Son traballos que se acometen con cargo ao Plan de Acción Social (PAS) da Deputación da Coruña do ano 2015.

As obras darán comezo de inmediato e permitirán mellorar o estado do pavimento de dous viais con certa intensidade de circulación. A rúa Peteiro conecta o parque Rosalía de Castro coa rúa do Cristo e o IES Mugardos, mentres que Beiramar vai desde o Campo do Río ata o Campo da Festa, no Seixo.

A intervención consistirá, en ámbolos dous casos, na limpeza de gabias, na pavimentación e na adaptación dos pozos de rexistro á nova rasante. A rúa Peteiro ten 196 metros de lonxitude e a de Beiramar consta de 350 metros de trazado.