Xoves, 17 Outubro de 2019

Xogos, deporte e solidariedade da man na xornada de "Edusolidariedade á Mugardesa"

/ Luns, 28/05/2018 - 08:26
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Os alumnos e alumnas dos colexios Unión Mugardesa e Loyola de Mugardos, xunco cos do IES Mugardos, compartiron ao longo da mañá do venres unha xornada de deporte, xogos e solidariedade.

O programa leva por título “Edusolidariedade á mugardesa”, xa que ao longo do mesmo se están a recoller donativos con destino á ONG “Nico contra o cancro infantil”. O artista Dani Ríos actuou como animador das actividades.

A contorna do instituto e as inmediacións do Centro de Interpretación de Caldoval acolleron todos os actos. Unha das principais propostas é unha carreira deportiva, para a que se instalou unha meta e na que participaron os nenos e nenas, segundo a dúa idade, por quendas. Tamén se desenvolveron xogos populares, como carreiras de sacos e outros, e se instalaron inchables no pavillón do instituto para os máis pequenos. Unha sesión de zumba completou esta xornada de convivencia, que comezou ás dez da mañá e rematou arredor da unha e media.

1110

Voluntariamente, os alumnos e alumnas depositaron donativos nunha urna disposta pola ONG “Nico contra o Cancro Infantil”, unha entidade que toma o seu nome dun neno de Ourense ao que lle detectaron un neuroblastoma aos oito meses. Este tipo de cancro representa un 7% dos infantís. A entidade, que está integrada na Asociación Nacional de Familiares e Amigos de Enfermos de Neuroblastoma (NEN). A organización foi votada polos alumnos e alumnas dos centros mugardeses como destinataria do diñeiro recadado nesta xornada.

1109