Venres, 19 Outubro de 2018

Actividades Deportivas Verán 2018

/ Luns, 11/06/2018 - 16:20
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Hai propostas para todas as idades e a máis inmediata é unha saída ao parque acuático de Cerceda, o vindeiro 28 de xuño.

O Concello de Mugardos ten preparado un intenso programa de actividades deportivas e de lecer para este verán. A concelleira de Deportes, Lola González, destacou que hai propostas para nenos e nenas pequenos e tamén para a mocidade e persoas maiores, que lles permitirán aproveitar o verán para iniciarse nalgunha das prácticas deportivas do programa, desde ioga ata zumba, ou mesmo perfeccionarse nelas, ao tempo que se divirten. As incricións poden facerse na OMIX a partir deste xoves e ata tres días antes do inicio de cada actividade (de 09.00 a 14.00 horas, deportes@concellodemugardos.gal 981 470 338, extensión 1).

  • O máis inmediato no calendario é unha saída ao parque acuático de Cerceda, o xoves 28 de xuño, para menores de oito anos que terán que ir acompañados. Hai 110 prazas e o prezo será de oito euros, coa entrada e o transporte incluídos. A excursión partirá de Mugardos ás 11.00 horas e a volta está prevista para as 20.00 horas.
  • Durante os meses de xullo e agosto, en catro quendas de dúas semanas, terá lugar a actividade “Multideporte na praia”, de luns a venres entre as 11.00 e as 13.30 horas. Vai dirixida a nenos e nenas nados no ano 2014 e anteriores, e o prezo será de 15 euros por quenda ou 25 euros por catro semanas, que poderán ser consecutivas ou non. Hai 75 prazas de cada vez e as actividades serán na praia da Bestarruza, salvo en caso de choiva, que se trasladarán ao pavillón do Cristo. As quendas serán as seguintes: 2-13 de xullo; 17-31 de xullo; 1-14 de agosto e 16-29 de agosto.
  • IV Campus de fútbol sala: do 2 ao 6 de xullo, en horario de 10.00 a 14.00 horas, no pavillón do Cristo e outras instalacións municipais. Dirixido a nenos e nenas nados entre 2007 e 2010. Hai 24 prazas e o custe é de 15 euros.
  • Iniciación ao tenis: no Casino Mugardés, para nados no 2010 e anos anteriores. En xullo e agosto, de 10.00 a 11.00 horas, de luns a mércores. 10 prazas; 8€.
  • Ioga: para maiores de 16 anos, nas Lagoas. De 10.00 a 11.00 horas, martes e xoves en dúas quendas, de 3 ao 31 de xullo e do 2 ao 30 de agosto. 15 prazas; 8€ ao mes.
  • Zumba maiores: dúas quendas en xullo e agosto, os lunes e mércores de 20.30 a 21.30 horas. Nas Lagoas, de 16 anos en adiante. Prezo, 8€.
  • Zumba menores: dúas quendas en xullo e agosto, martes e xoves de 11.00 a 12.00 horas. Na pista das Casas Baratas / Casa da Cultura. Para menores de 16 anos. Prezo, 8€.
  • III Pequecampus de fútbol sala: do 3 ao 7 de setembro, no pavillón do Cristo e outras instalacións municipais. Para nados entre os anos 2011 e 2014, en horario de 10.00 a 14.00 horas. Prazas, 24. Prezo, 15€. Facebook Peque.Campus.Mugardos
  • Actividade de ritmo con Móvete: cursos de iniciación ao baile de salón, bailes latinos e outras actividades relacionadas coa danza. Información: 651 749 677 / jesusmdoval@gmail.com
  • Escola de verán do Club do Mar: dirixido a rapazas e rapaces de 9 a 17 anos de idade. www.clubdomarmugardos.com e clubdomarmugardos@hotmail.com
  • Tenis de mesa no Casino Mugardés: de 11.00 a 13.00 horas. www.casinomugardes.es

Xunto con todas estas actividades, no programa de verán do Concello de Mugardos hai previstos os seguintes eventos deportivos:

  • Ruta de BTT EDR Ares-Mugardos: o domingo día 1 de xullo, saída ás 09.30 horas desde o pavillón de Ares, chegada alí tamén. pulpeirosmugardos@gmail.com
  • MuDanzas II Festival de Danza de Mugardos: 6, 7 e 8 de xullo, cursos e espectáculos na rúa. jesusmdoval@gmail.com
  • II Travesía Concello de Mugardos: o 22 de xullo, ás 12.30 horas, na praia da Bestarruza. Inscricións www.prueba-t.es
  • I Concentración de Embarcacións Tradicionais de Mugardos: 14 e 15 de agosto. http://www.clubdomarferrol.es
  • Bandeira de Remo Concello de Mugardos Masculina-Bandeira de Remo Reganosa Feminina. 19 de agosto. www.clubdomarferrol.es
  • Trofeo Concello de Mugardos de Fútbol: 15 de agosto, ás 17:00 horas. SDC Galicia de Mugardos-Racing de Ferrol. http://galiciademugardos.es/

CONSULTA, DESCARGA E COMPARTE A FOLLA DE ACTIVIDADES: