Martes, 21 Agosto de 2018

Está aberto o prazo para que os feirantes soliciten os permisos para instalarse durante as festas

/ Mércores, 13/06/2018 - 12:10
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

No Cantón de Cora estarán os postos de alimentación e as atraccións irán á zona do Merlo.

O Concello de Mugardos informa que ata o próximo día 27 está aberto o prazo para solicitar a instalacións de atraccións de feira durante as festas de verán e presentar a oportuna documentación. Ao coincidir este ano a Festa do Polbo coa celebración do Carme, este ano poderán estar na vila desde o 13 ao 22 de xullo, máis tempo que en anos anteriores.

Segundo o establecido polo goberno local e despois de encargar un informe a unha empresa especializada en prevención e seguridade, non será posible instalar todas as atraccións no peirao. Viuse a posibilidade de colocar alí parte das mesmas, pero dado que os propios feirantes consideraron pouco operativo facer iso, a alcaldesa, Pilar Díaz, explica que no Cantón de Cora estarán os postos de venda de bebida e alimentación, e deixarase espazo para actividades de animación infantil, e as atraccións poderán instalarse na zona do Merlo.

Dado que os terreos do Merlo son privados –o Concello estableceu un acordo de cesión cos propietarios para instalar as atraccións- os feirantes non terán que aboar taxa algunha. O Concello garante que na zona haberá iluminación e os correspondentes servizos.