Mércores, 13 Novembro de 2019

O Concello de Mugardos coa celebración do día do Orgullo LGTBI

/ Xoves, 28/06/2018 - 14:10
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A fachada do consistorio mugardés loce desde onte a bandeira multicor, símbolo do colectivo LGTBI. Segundo explicou a alcaldesa, Pilar Díaz, o Concello quere sumarse á celebración do Día do Orgullo de lesbianas, gais, bisexuais, transexuais e intersexuais, o 28 de xuño, e expresar o seu apoio á loita contra os estereotipos de xénero.

O Concello de Mugardos está adherido desde o pasado ano á campaña “Construíndo Diversidade”, da Deputación da Coruña, orientada a fomentar a tolerancia de todas as opcións sexuais e a igualdade, en xeral, nos eidos da sanidade, xustiza, traballo, etc.

A bandeira permanecerá na fachada do consistorio durante os próximos días.

1127