Domingo, 23 Setembro de 2018

Recollida de aveños do Concello de Mugardos

/ Xoves, 28/06/2018 - 14:45
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Co obxectivo de manter nas mellores condicións de ornato e limpeza as rúas do noso Concello é polo que imos incrementar as frecuencias na recollida dos enseres, durante xullo e agosto, e modificar a forma de retirada dos mesmos nas rúas indicadas.

  1. Luns 2, 9, 23 e 30, e martes 17 en lugar do 16, festivo; e luns de agosto (6,13, 20 e 27)
Para empregar o servizo: chamar ao Concello (tlf. 981 470 338, extensión 2028 ou 2027) antes do xoves anterior á recollida, no que recibirán instrucións para depositar os seus aveños.

Recollida porta a porta: Avenida do Mar, Cantón de Cora, rúas María, Barral, Cano da Rúa, Avenida de Galicia ata rúa Xesteira, Real, Praza Vella, Apelón, Mercado, Cotellón, Corzás, Avenida do Seixo, Avenida Bello Piñeiro, Avenida Francisco Vizoso e Praza de San Vitorio deberán esperar, o día de recollida, ata que a empresa encargada do servizo lles chame para indicar a hora na que poden depositar os seus aveños.

Arquivo engadido: