Mércores, 21 Novembro de 2018

O público infantil e familiar terá un espazo especial nas Festas de Mugardos

/ Xoves, 05/07/2018 - 16:32
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O goberno local programa espectáculos na rúa especialmente orientados á cativería.

A concelleira de Cultura do Concello de Mugardos, Lola González, informou dos actos programados para o público infantil e familiar no cartel de festas, especialmente longo este ano na vila ao xuntarse a Festa do Polbo e as tradicionais celebracións do Carme. Do 13 ao 22 de xullo desenvolverase un intenso programa con moita música en vivo, eventos deportivos e espectáculos de todo tipo, entre os que destacan os adicados á cativería. Lola González subliñou o interese do goberno local por 14 de xullo: o día da Festa do Polbo, ás 12.00 e ás 16.30 horas, a compañía Catropés levará polo peirao adiante o seu espectáculo “Animacreques”. Nel, as actrices Ánxela Blanco e Vanessa Rivas fan de monicreque e titiriteira, mesturando a técnica circense dos zancos e o virtuosismo da danza.

  • 15 de xullo: na Praza do Concello, a partir das 19.30 horas, o malabarista e showman Javi Javichi fará equilibrios con pratos, caixas de puros, sombreiros... nun número cheo de humor.
  • 16 de xullo: a partir das 19.30 horas, na Praza Vella actuará o Trío Refugallo, facendo música e risas con instrumentos feitos a partir de residuos, nunha proposta que aposta pola interacción co público.
  • 21 de xullo: a partir das 19.30 horas, na Praza do Concello, o actor Dani García fará o imposible por levar adiante o espectáculo “Don Gelati” e poder servir os seus xeados sen que cheguen a se derreter.
  • 22 de xullo: na zona do Cotellón, ás 13.00 horas, a compañía Culturactiva ofrecerá o espectáculo “Saaabor”, no que mestura maxia, humor, música e participación do público.