Luns, 24 Setembro de 2018

Está aberta a inscrición á II Travesía a Nado do "Concello de Mugardos”

/ Luns, 09/07/2018 - 10:33
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
A proba desenvolverase o día 22 de xullo na praia da Bestarruza.
A concelleira de Deportes, Lola González, informou de que está aberta a través da web www.prueba.t.es a inscrición na II Travesía a Nado “Concello de Mugardos”, que se desenvolverá o vindeiro día 22 de xullo, domingo, no marco das celebracións do Carme, na praia da Bestarruza. Os nadadores e nadadoras poderán recoller o seu chip a partir das 11.00 no areal, onde está previsto que se dea a saída ás 12.00 horas.
 
Haberá cinco categorías, masculinas e femininas: A, nados en 1987 e anos anteriores; B, nados de 1988 a 1988; C, nados de 1999 a 2004; D, de anos 2005 e posteriores, e unha categoría popular para tódalas idades,na que se poden empregar inchables ou outro material auxiliar.
 
A distancia será de 1.000 metros para as categorías A, B e C, e de 400 metros para a categoría D. Na popular, o percorrido será de 100 metros.
 
Haberá trofeos para os gañadores absolutos da travesía, masculino e feminino, así como tamén para a persoa participante máis xoven e a máis veterá. O Concello tamén entregará medallas aos tres primeros clasificados e clasificadas de cada categoría.
 
O prezo da inscrición na Travesía a Nado “Concello de Mugardos” será de 3 euros, pero as e os deportistas que se apunten tamén á de Ares pagarán 5 euros polas dúas, e recibirán cinco entradas para o Complexo Acuático do Castro