Mércores, 21 Novembro de 2018

Fallo do XXVIII Concurso de Pintura “Piñeiro Pose”

/ Luns, 09/07/2018 - 08:45
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A exposición coas obras participantes abriuse o pasado venres 06 de xullo, nun acto no que tamén se desenvolveu un obradoiro creativo sobre o artista Paul Klee.

O xurado do XXVIII Concurso de Pintura “Piñeiro Pose” leu o seu fallo o venres 06 de xullo , ás 18.00 horas no Local Social de Maiores, nun acto co que quedou inaugurada a exposición coas obras presentadas, ata o 31 de xullo. Os participantes no certame e os alumnos e alumnas da escola municipal de pintura estiveron invitados a tomar parte nun obradoiro a cargo de Buratini Teatro sobre o pintor alemán Paul Klee e realizar murais inspirados na súa obra, situada entre o surrealismo, o expresionismo e a abstracción.
 
O xurado estivo formado por Sabela Fraguio Salorio –deseñadora de interiores pola UDC, con estudos superiores de Deseño Gráfico e directora de arte na Escola Elisava de Barcelona-; Antonio Seijas –historiador de arte, ilustrador, pintor, deseñador gráfico, fotógrafo...- e estivo presidido pola alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz. En total, presentáronse 19 obras ao certame que, por primeira vez, terá o seu fallo e exposición de forma independiente do premio Bello Piñeiro, tamén convocado polo Concello para maiores de 18 anos. A concelleira de Cultura, Lola González, que asistiu á reunión do xurado, destacou o talento das novas e novos artistas que concurriron ao certame, un ano máis cun alto nivel de participación.
 
Nesta XXVIII edición do Piñeiro Pose, concedéronse os seguintes premios, nas dúas categorías existentes:
 
Categoría de 0 a 12 anos:
 
-1º premio: Elena Calvelo Álbarez, coa obra “Mugardos”
 
-2º premio: Víctor Rodríguez Rúa, coa obra “Solpor en Verín”
 
-Premio autor local: Eva Fernández Rodríguez, pola obra “O meu raposiño”
 
-Accésits: Eva Fernández Rodríguez e Lía Couce.
 
 
Categoría de 13 a 17 anos:
 
-1º premio: Ana Piñeiro Romero, por “Neve na montaña”
 
-2º premio: Pablo Chao Rejo, por “A praia”
 
-Premio autor local: Rubén Pazos Romero, por “O Faro”
 
-Accesits: Antía Rodríguez Bellas e Rubén Pazos Romero
 
Os premios consisten en tablets educativas e materiais de pintura.