Domingo, 23 Setembro de 2018

O concello recorda que hoxe remata o primeiro prazo para solicitar axudas para o ensino

/ Mércores, 11/07/2018 - 10:55
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
A concelleira de Educación do Concello de Mugardos, Lola González, recorda que hoxe remata o primeiro prazo establecido na convocatoria para solicitar axudas para o ensino e o transporte de estudantes durante o vindeiro curso 2018-2019, destinadas á compra de libros e material escolar ou ben para sufragar os gastos de transporte aos matriculados en centros de fóra da vila.
 
A convocatoria de axudas ao estudo vai dirixida ás e aos empadronados en Mugardos que vaian cursar estudos o próximo curso nalgún dos centros públicos ou sostidos con fondos públicos do municipio de Mugardos. Tamén aos que vaian facelo en centros públicos ou de Educación Especial fóra do concello e aos que desenvolvan o curso nun centro de alto rendemento ou un centro de tecnificación deportiva. No caso das axudas ao transporte, poderán ser beneficiarios os alumnos e alumnas que cursen estudos de formación regrada en centros públicos de fóra de Mugardos e de fóra dos concellos que abrangue a Área de Transporte Metropolitano de Ferrol.
 
As axudas repartiranse segundo criterios económicos, favorecendo ás familias con menos recursos. As subvencións para o ensino oscilarán entre os 20 euros por alumno e os 250 euros, en función da renta e do nivel educativo. No capítulo de transporte, a contía será de 200 euros por solicitante, sempre que cumpra os requisitos.
 
No vindeiro mes de setembro abrirase un segundo prazo de solicitude, do 17 ao 28