Mércores, 21 Novembro de 2018

Ata o día 18 está aberto o prazo de incrición no Certame de Pintura Rápida " Concello de Mugardos"

/ Xoves, 12/07/2018 - 09:13
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O mesmo día 19, día do concurso, as persoas interesadas todavía poderán apuntarse.

A concelleira de Cultura, Lola González, anima a afeccionados e profesionais a participar no I Certame de Pintura Rápida “Concello de Mugardos”, que se vai desenvolver o vindeiro día 19, e que pretende descubrir todos os encantos da vila marineira na creatividade dos participantes. “Mugardos con todos os sentidos” é o lema do concurso, no que os e as artistas deberán plasmar algún aspecto da paisaxe, as xentes, os costumes, etc, do municipio, con total liberdade en canto á técnica e o estilo.
 
As persoas interesadas poden inscribirse antes do vindeiro mércores, día 18, ou ben o mesmo día do certame entre as 09.00 e as 11.00 horas. O concurso se desenvolverá de 09.00 a 18.00 horas e obrigatoriamente autores e autoras deberán pasar pola OMIX, no Concello, para selar os seus soportes nas dúas primeiras horas, así como entregar a obra feita entre as cinco e as seis da tarde, no punto de control que estará na carpa instalada no parque da Constitución.
 
Haberá premios en metálico e en material de arte nas dúas categorías, de 6 a 18 anos e de 18 en adiante, e as persoas participantes poderán expoñer e poñer á venda a obra feita ese día e outras dúas ao finalizar o certame, na carpa na que tamén se dará a coñecer, ás sete da tarde, o fallo do xurado.
 
Pódese consultar a totalidade das bases do certame na web do Concello:
 
http://www.concellodemugardos.gal/es/noticias/2018/06/28/mugardos-con-todos-os-sentidos-lema-primer-certamen-pintura-r-pida-organizado-po