Martes, 21 Agosto de 2018

Datos do turismo na vila durante o mes de xullo

/ Mércores, 08/08/2018 - 14:17
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O goberno local vén de constatar, ao peche do mes de xullo, o aumento no número de turistas que tivo a vila.

Así, durante o pasado mes pasaron pola Oficina de Turismo 1743 persoas, das que 126 eran estranxeiras –cabe nomear aos 40 xaponeses e 44 uruguayos, como os grupos máis numerosos-.

O pasado ano, no mesmo mes, o servizo contabilizara 1097 visitantes.