Martes, 21 Agosto de 2018

A 11ª Festa dos Callos de San Xoán de Piñeiro celebrarase o vindeiro 11 de agosto

/ Venres, 10/08/2018 - 09:45
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A tradicional cita gastronómica celebrarase o vindeiro 11 de agosto no campo da Festa de San Xoán de Piñeiro. 

O xantar, organizado baixo unha carpa, comezará ás 14:00 horas. O menú consisitirá en:

  • Callos, cun prezo de 8 euros.
  • Churrasco, cun prezo de 10 euros.

As pezas musicais do mediodía serán a cargo do grupo 3 D Band.

Ás 20:00 horas haberá un inchable da GuaGua con monitor/a para a xente máis nova que asista á festa.

A partir das 20:00 horas, haberá degustación de callos, churrasco, bola de azucre e queimada.

Ás 21:30 horas actuará novamente o grupo 3 D Band, versionando temas dos anos 70.

Este evento gastronómico está organizado pola A VV de San Xoán de Piñeiro.

Colaboran:

  • SCRD San Xoán de Piñeiro.
  • 3 D Band.
  • Concello de Mugardos.

1156