Luns, 17 Decembro de 2018

Mugardos honra o seu carácter mariñeiro co I Encontro de Embarcacións Tradicionais

/ Venres, 10/08/2018 - 07:46
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Está aberta a inscrición para as tripulacións e tamén para as persoas que queiran embarcar nas travesías ata O Seixo e A Redonda.

O Concello de Mugardos quere resaltar e honrar a tradición mariñeira da vila coa organización do I Encontro de Embarcacións Tradicionais que vai ter lugar os días 14 e 15, martes e mércores da vindeira semana. A concelleira de Cultura, Lola González, explicou que está aberta a inscrición para as tripulacións interesadas en participar no programa, no que atoparán unha oportunidade para a convivencia e para dar a coñecer ao público a riqueza do patrimonio marítimo galego

1154

Con motivo da celebración deste encontro, inaugurarase no Local Social de Maiores de Mugardos a exposición “As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro ata Ribadeo, composta por 42 paneis. É o resultado dun traballo de investigación dirixido polos profesores Bernardo Máiz e Enrique Freire e no que participaron tamén alumnos do IES Concepción Arenal. Dito traballo mereceu o premio Antón Fraguas e se ten amosado xa en diferentes puntos de Galicia. A mostra permanecerá aberta ata o venres, en horario de 17.30 a 21.00 horas.

Ao mesmo tempo poderá verse na Oficina de Turismo de Mugardos, na Avenida do Mar, un resumo en imaxes da mesma exposición, a través de diapositivas que estarán proxectándose de maneira continuada no seu horario de apertura, de martes a domingo, de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas.

1155

O primeiro día da concentración, o martes, está prevista unha cea de confraternización de todas as tripulacións participantes no Club do Mar de Mugardos.

Ao día seguinte, o mércores día 15 de agosto, desenvolveranse travesías marítimas de Mugardos ata O Seixo e Á Redonda, a bordo das propias embarcacións tradicionais. As prazas son limitadas e as persoas interesadas en participar nelas poden inscribirse na Oficina de Turismo. O mesmo día, as tripulacións compartirán un xantar.

Para rematar o programa, o día 23 de agosto está programada unha conferencia sobre as embarcacións tradicionais que correrá a cargo de Bernardo Máiz. A cita será no Local Social de Maiores, ás 20.00 horas.