Domingo, 21 Xullo de 2019

O "Agosto de Lecer" en Mugardos ten hoxe unha cita co rock da man de "Sintrom Ni Son"

/ Martes, 14/08/2018 - 14:37
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O concerto será ás 22.30 horas no Cantón de Cora.

O programa Agosto de Lecer promovido polo Concello de Mugardos levará esta noite á vila un concerto de rock. O grupo “Sintrom ni Son”, formado por músicos da contorna cunha longa traxectoria, tocará a partir das 22.30 horas no Cantón de Cora.

A concelleira de Cultura, Lola González, explicou que o grupo “Sintrom ni Son” tocará o seu repertorio de temas extraídos do mellor do rock español dos 80 e os 90. Leño, Siniestro Total, Los Ronaldos, Fito & Fitipaldis son algunhas das referencias coas que, sen dúbida, bailará o público. A edil invitou, unha vez máis, tanto aos mugardeses e mugardesas como a toda a xente da contorna e turistas que estes días visitan a zona a acudir e gozar coa música e coa hostalería da vila.

Tamén hoxe deu comezo o I Encontro de Embarcacións Tradicionais, que se prolongará tamén a mañá mércores, 15 de agosto, e na que de momento está prevista a participación de 15 barcos.

Hoxe inaugúrase a exposición “As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro ata Ribadeo” no Local Social de Maiores, formada por paneis, e comezará a proxectarse o seu contido de maneira continuada na Oficina de Turismo. Será mañá mércores cando se desenvolverán as travesías marítimas ata O Seixo e A Redonda. Xa son preto de 50 as persoas inscritas para participar nelas.