Luns, 22 Xullo de 2019

Epílogo ao encontro de embarcacións tradicionais "Concello de Mugardos"

/ Mércores, 22/08/2018 - 15:05
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
O historiador Bernardo Máiz escribirá este xoves o epílogo do I Encontro de Embarcacións Tradicionais “Concello de Mugardos” que se celebrou os pasados días 14 e 15 e reuniu no peirao da vila preto de vinte barcos e as súas tripulacións.
 
Máiz falará sobre as embarcacións tradicionais e a súa evolución na zona nunha charla que terá lugar no Local Social de Maiores, ás 20.00 horas.
 
Bernardo Máiz impulsou, xunto co tamén profesor Enrique Freire, unha investigación sobre as embarcacións tradicionais do Arco Ártabro.
 
O seu traballo, que contou coa colaboración de alumnos do IES Concepción Arenal, recibiu o premio Antón Fraguas e plasmouse nunha exposición que se inaugurou en Mugardos con motivo do devandito encontro.
 
A mostra segue aberta e pode visitarse no Local Social de Maiores ata o 24 de agosto en horario de tarde.