Mércores, 13 Novembro de 2019

A punto os parques de xogos dos CEIP Unión Mugardesa e Santiago Apóstolo

/ Mércores, 22/08/2018 - 17:37
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello de Mugardos realizou os traballos de conservación e mantemento nos colexios para o vindeiro curso. Os parques de xogos están a punto e seguen as obras de peche das pista polideportivas.

O Concello de Mugardos está a realizar os traballos de conservación e mantemento habituais de cada verán nos colexios públicos do municipio, cara ao comezo do novo curso escolar.

A concelleira de Educación, Lola González, explicou que se fixeron xa os arranxos precisos nos parques de xogos do CEIP Unión Mugardesa e do Santiago Apóstolo, así como outros amaños nas persianas e diversos elementos destes centros.

Están pendentes as reparacións dos peches das pistas polideportivas e avanzaron tamén apreciablemente as obras na Escola Infantil do Seixo, coa previsión de que todos estes traballos estean rematados para a volta ás aulas.

Lola González recordou, á marxe destas actuacións, que no CEIP Santiago Apóstolo se van executar obras de pintura exterior con axuda do POS+2018 e que o Concello tamén está á espera de poder acometer a renovación do espazo de xogos da Unión Mugardesa.

 
1158