Mércores, 19 Decembro de 2018

Publicada a primeira lista de beneficiarios das axudas de ensino do Concello de Mugardos

/ Luns, 27/08/2018 - 07:58
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Neste primeiro prazo concedéronse subvencións a 136 familias e abrirase un segundo período de solicitude o vindeiro 17 de setembro.

A concelleira de Educación do Concello de Mugardos, Lola González, informou de que vén de publicarse a primeira lista de familias beneficiarias das axudas á escolarización da institución municipal, dotadas este ano con 32000 euros. Tras o peche do primeiro prazo de solicitude, no que se adxudicaron un total de 15744 euros, abrirase un novo prazo de solicitude do 17 ao 28 de setembro, ao que poderán concurrir tanto as familias que non o fixeran no anterior así como ás que lle foi denegada a subvención na primeira resolución por falla de documentación.

En total, 136 familias de Mugardos teñen concedida unha axuda despois do peche do primeiro prazo. As mesmas oscilan entre os 20 e os 250 euros, segundo a renda familiar e o nivel educativo, e van destinados á compra de libros e material escolar, así como a sufragar os gastos de transporte aos matriculados en centros de fóra da vila mugardesa.