Martes, 20 Novembro de 2018

Escolas Municipais de Cultura e Deportes 2018/19

/ Martes, 11/09/2018 - 10:08
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello de Mugardos publica a información dos procesos de matrícula, documentación, horarios e prezos das distintas actividades das escolas deportivas e culturais que se impartirán no concello este novo curso escolar 2018/2019.

Xa está dispoñible a información completa para poder facer as inscricións nas escolas deportivas e culturais do noso concello.
 
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA AS LAGOAS
 
A Escola municipal de Música As Lagoas de Mugardos iniciará o curso o luns 1 de outubro. O alumnado interesado en asistir a dita escola terá aberto os seguintes prazos de matrícula:
  • Alumnado de cursos anteriores: do 14 ó 20 de setembro.
  • Alumnado de novo ingreso: do 24 ó 27 de setembro.
Requerimentos para formalizar a matrícula:
  • DNI da persoa que vai a formalizar a matrícula; no caso de menores, DNI da nai/pai/ou titor/a legal.
  • O alumnado de cursos anteriores non pode ter pendente de pagamento recibos do curso anterior.
 
Unha vez formalizada a matrícula as altas e baixas formalizaranse no departamento de Cultura e Deportes ata o día 10 de cada mes.
 
Para máis información e formalizar a matrícula hai que dirixirse ó departamento de Cultura e Deportes que atoparás no baixo do Concello, en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, ou ben:

1174

 

1175

Arquivo engadido: