Luns, 17 Decembro de 2018

O Concello repara as humidades da aula de kárate no Centro de Formación Francisco Vizoso

/ Xoves, 04/10/2018 - 10:54
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
O Concello de Mugardos está ultimando as obras de reparación da aula de kárate do Centro de Formación Francisco Vizoso, en Franza.
Segundo explicou a alcaldesa, Pilar Díaz, o espazo presentaba problemas de humidades, de maneira que ao tempo que se sanean e pintan as paredes, se retiraron os antigos tubos da calefacción, deixando o lugar en mellores condicións para a práctica deportiva .
 
A aula de kárate é utilizada polo Club de Kárate de Franza, que conta con máis dunha vintena de licencias e que vén de recibir con satisfacción a noticia de que un dos seus deportistas, Víctor Mallo, foi seleccionado para entrar no Centro de Alto Rendemento de Pontevedra. O Concello de Mugardos felicita ao club e anímao a continuar co seu traballo a prol do deporte.
 
1191