Luns, 17 Decembro de 2018

Convocatoria de axudas ás familias para a compra de agasallos de Nadal 2018

/ Luns, 08/10/2018 - 11:10
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello de Mugardos convoca o programa de subvencións e axudas para a compra de agasallos de Nadal, con destino ás familias con menores recursos económicos no municipio. 

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Lola González, explicou que as axudas van dos 50 ao 240 euros segundo o número de fillos/as menores de 13 anos e subliñou que o prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o día 15 deste mes de outubro. A administración local destina unha partida de 3500 euros á convocatoria.

Para recibir unha destas axudas é preciso estar empadroado/a no Concello de Mugardos e ter en custodia un ou máis menores de 13 anos, así como que a renda per cápita familiar non supere o 80% do IPREM. Lola González explicou que a finalidade é que tódolos nenos e nenas do municipio teñan agasallos en Nadal e que ao mesmo tempo o goberno aposta polo comercio local, de maneira que as axudas se reparten en vales persoais e intransferibles canxeables nos establecementos da vila.

Arquivo engadido: