Luns, 17 Decembro de 2018

O Concello presenta o libro "Historia Musical da Real Vila de Mugardos 1900-2015"

/ Martes, 09/10/2018 - 08:43
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Antonio Cartelle, instrumentista, compositor e fundador dalgunhas importantes formacións musicais da vila, recompilou toda a información que agora ve a luz no libro.

O Concello de Mugardos presentará o vindeiro sábado, día 13 de outubro, o libro “Historia Musical da Real Vila de Mugardos 1900-2015”, obra de Antonio Cartelle Vilasánchez. A alcaldesa, Pilar Díaz, e a concelleira de Cultura, Lola González, reuníronse esta semana co autor para falar da obra e do acto, que terá lugar no Casino Mugardés ás 19.00 horas e no que tamén haberá música, a da Rondalla Mugardesa, como colofón.

1195

A vida de Antonio Cartelle Vilasánchez está intimamente ligada á música desde a súa infancia, cando empezou a estudar solfeo e violín. Na súa xuventude formou parte da Orquestra López Malde, de Ferrol, e posteriormente foi fundador en Mugardos da orquestra de punteo La Lira Mugardesa, da que foi director, e da Asociación Trobo del Alba, antecedente da actual Rondalla Mugardesa e que tamén dirixiu. Toda a súa vida estivo vencellada á música como instrumentista, director ou compositor, tanto para grupos propios como alleos.

Hai dous anos comezou traballar na recompilación de información para facer o libro da historia musical de Mugardos. Segundo explica, fíxoo porque ninguén máis se animaba e pensou que é importante deixar constancia da especial relación que a súa vila mantivo e mantén coa música. Remontouse ao ano 1900 para reunir imaxes, referencias de eventos, letras de cancións, testemuños... e plasmalo nun libro que é tamén historia de moitos mugardeses e mugardesas.

O autor, de 86 anos, estará acompañado no acto pola alcaldesa, Pilar Díaz, e a concelleira de Cultura, Lola González.

1202

1204

Fotos do evento literario do sábado 13 de outubro transcurrido no Casino Mugardés.