Luns, 17 Decembro de 2018

Listaxe provisional das axudas ao ensino e transporte para o curso 2018/2019 2ª convocatoria

/ Xoves, 11/10/2018 - 13:06
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A comisión de valoración das axudas de ensino e transporte do Concello de Mugardos para o curso 2018/2019 realizada o 11/10/2018 propón a listaxe PROVISIONAL de axudas concecidas, denegadas e pendentes de documentación.

A LISTAXE ESTÁ ORDEADA POR NÚMERO DE DNI DA PERSOA SOLICITANTE (NAI, PAI OU TITOR LEGAL EN CASO DE MENORES DE IDADE.
 
A convocatoria de axudas na súa epígrafe 8 dispón:
Oitava. Órganos competentes 8.1 Órganos de instrucción e resolución
 
…Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, estas serán valoradas pola comisión avaliadora conforme aos criterios establecidos na base 6ª. Posteriormente publicarase no taboleiro de edictos do Concello unha lista provisional e abrirase un prazo de 5 días hábiles para a presentación de reclamacións. Transcorrido este prazo a Comisión emitirá unha proposta definitiva e de seguido será aprobada pola Alcaldía. De non existir reclamacións no prazo estipulado, a lista provisional elevarase a definitiva.
 
Notificaráselle a cada solicitante a concesión ou, se fora o caso, a denegación da súa solicitude e a causa desta. Ademais informaráselle do procedemento a seguir para obter a axuda (vale, listado de establecementos conveniados, etc.)
 
O prazo de reclamacións será dende o 15/10/2018 ata o 19/10/2018, ámbolos dous inclusive.