Luns, 17 Decembro de 2018

O programa "Mugardos Camiña" estrea unha nova edición este domingo

/ Xoves, 11/10/2018 - 08:23
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A primeira ruta deste curso percorrerá as terras do Seixo.

O programa “Mugardos Camiña” bota a andar este domingo cunha primeira saída por terras do Seixo. O calendario organizado polo Concello en colaboración coa Asociación de Veciños Montefaro inclúe rutas cada segundo domingo do mes, habitualmente con saída ás dez da mañá e volta en torno á unha e media. A concelleira de Cultura e Deportes, Lola González, subliñou que o programa goza dunha gran popularidade e que mesmo atrae a persoas de concellos da contorna, que atopan nesta proposta unha oportunidade para a vida saudable e as relacións sociais.
 
A participación nas rutas é gratuíta. As persoas interesadas teñen que apuntarse a través da OMIX no Concello. Unha vez inscritas no programa, unicamente teñen que avisar se van á seguinte saída, para ter unha previsión da afluencia.
 
Despois desta primeira ruta polo Seixo, as seguintes serán por Franza, o 11 de novembro; e por San Xoán, en decembro.
 
1200