Martes, 20 Novembro de 2018

O pintor Alexandre Otero gaña o "Bello Piñeiro" 2018

/ Luns, 29/10/2018 - 13:18
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Local Social de Maiores acollerá este mércores, ás oito da tarde, o acto de entrega de premios e inauguración da exposición con todas as obras presentadas.

O artista Alexandre Otero Paz é o gañador do XXVIII Concurso de Pintura “Bello Piñeiro”, cunha acuarela titulada “Praia da Bestarruza”. A concelleira de Cultura, Lola González, comentou que o xurado destacou que ao certame deste ano se presentaron obras de gran calidade e variedade de estilos e temas, e invitou á cidadanía a acudir este mércores á entrega de premios e á inauguración da exposición na que poderán gozar co nivel das 39 pinturas que concorreron á convocatoria.

1219

O acto será ás 20.00 horas no Local Social de Maiores. Xunto co primeiro premio, o xurado fallou o premio á mellor obra de autoría local, que recaeu en María del Carmen García Roel pola pintura “Ruína familiar”, así como dous accésits para Víctor Rodríguez Saavedra, pola obra “Prioriño”, e para Juan Manuel Álvarez Romero, por “Memoria de mar”. O gañador do certame, Alexandre Otero, recibirá 1.800 euros de premio, e María do Carmen García Roel, 400 euros.

1220

O xurado estivo composto polos artistas Leandro Lamas Hermida, Noemí Lorenzo Pérez e Manuel Carballeira Rivas, este último gañador da anterior edición do “Bello Piñeiro”, e foi presidido pola concelleira de Cultura, Lola González.

1221