Martes, 20 Novembro de 2018

Rematan as obras de mellora nos camiños do Eixo, O Casal e Fonte da Gallada

/ Luns, 29/10/2018 - 13:35
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, informou de que están practicamente rematadas as obras de mellora nos camiños do Eixo, O Casal e Fonte da Gallada, despois de que a mediados de setembro fosen adxudicadas á empresa Obras y Viales por 30420 euros.

O Concello de Mugardos asume 7680 euros do orzamento e o resto vén a través da Axencia de Desenvolvemento Rural (Agader) e o seu Programa de Mellora de Camiños Rurais, ao que o goberno local solicitou a axuda a comezos deste ano.

As obras consistiron na limpeza de gabias, recheo de fochancas e renovación do asfaltado. O Camiño do Eixo está en San Xoán de Piñeiro e o do Casal en Franza, e teñen 750 metros de lonxitude, o primeiro, e dous tramos de 166 e 384 metros o segundo. O Camiño da Fonte, na Gallada, ten 317 metros. Todas son estradas secundarias que presentaban un certo nivel de deterioro e que precisaban das obras para garantir maior seguridade na circulación.

1222