Mércores, 19 Decembro de 2018

O Concello organiza o Magosto para este sábado

/ Mércores, 31/10/2018 - 10:07
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
 
Haberá castañas e liscos e a actuación do grupo de música tradicional Fol de Veneno.
O Concello de Mugardos organiza un ano máis o Magosto. A cita será este sábado, día 3 de novembro, na Praza do Centro de Saúde, a partir das seis da tarde.
 
Haberá unha degustación de castañas e liscos, a un euro a ración, e a festa estará amenizada polo grupo Fol de Veneno.
 
A concelleira de Cultura, Lola González, invitou a todos os mugardeses e mugardesas a sumarse á  tradicional celebración e explicou que en caso de choiva trasladarase ás instalacións do Casino Mugardés. A degustación comezará as seis e a partir das sete actuará o grupo Fol de Veneno, de Bergantiños, co seu repertorio de música tradicional especialmente alegre e festeira.
 
1223