Mércores, 19 Decembro de 2018

Publicada a lista provisional de axudas para a compra de agasallos de Nadal

/ Mércores, 31/10/2018 - 14:19
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O Concello reparte vales de compra unicamente canxeables en establecementos locais.

A Concellería de Benestar Social e Igualdade vén de publicar o listado provisional de axudas concedidas a familias de Mugardos para a compra de agasallos de Nadal. Segundo informou a edil responsable da área, Lola González, presentáronse 53 solicitudes e unicamente rexeitáronse tres por superar o limiar de renda. Está aberto, esta semana, o prazo de reclamacións.
 
O programa de axudas para a compra de agasallos en Nadal vai dirixido a familias residentes de Mugardos con fillos ou fillas menores de 13 anos ao seu cargo. O importe vai de 50 a 240 euros segundo o número de beneficiarios e o presuposto destinado polo Concello ao programa é de 3.500 euros.
 
As axudas repártense en vales de compra canxeables en calquera dos cinco establecementos comerciais de
Mugardos adheridos ao programa. Deste xeito, o mesmo é tamén un dinamizador do comercio local.