Martes, 20 Novembro de 2018

Aprobadas as bases para a provisión de tres postos de emprego público do Concello

/ Luns, 05/11/2018 - 09:23
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Unha praza da Oferta de Emprego Público de 2018 e dúas do ano 2017.

A alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz Otero, informou de que a Xunta de Goberno Local vén de aprobar as bases específicas para varias convocatorias de emprego público.
 
Nomeadamente, trátase dunha praza da Oferta de Emprego Público do presente 2018 e outras dúas do ano 2017.
 
Así, o Concello de Mugardos vai convocar unha praza de administrativo, correspondente á OEP 2018, así como unha de oficial de segunda de servizos municipais, da OEP 2017, que se cubrirán polo sistema de promoción interna. A terceira praza é de oficial de segunda de servizos municipais e cubrirase polo sistema de concurso-oposición libre.