Martes, 20 Novembro de 2018

O Concello promove un Obradoiro de Musicoterapia

/ Luns, 05/11/2018 - 09:04
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
A actividade terá lugar o día 9 deste mes e é aberta e de balde para as persoas interesadas.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade organiza, coa colaboración da Escola de Saúde do Sergas, un obradoiro de Musicoterapia aberto é cidadanía en xeral. O Local Social de Maiores acollerá a actividade, que se desenvolverá o día 9, de 17.30 a 20.30 horas.
 
A concelleira da área, Lola González, explicou que no taller se emprega a música para a mellora da saúde física e mental, traballando nos eidos cognitivo, social, motriz e emocional para conquerir benestar, tranquilidade e sentimentos positivos.
 
O profesor de música Damián Cairo Touriño, do Conservatorio Profesional da Coruña, será o encargado de dirixir o obradoiro, no que se reflexionará sobre o son, o ruído e o silencio; se identificarán estilos e tipos de música que promoven diferentes estados de ánimo; se traballará co corpo e a voz e se tocarán instrumentos ou se bailará para facilitar momentos lúdicos e de distensión.
 
As persoas interesadas poden inscribirse, gratuitamente, no Departamento de Benestar Social do Concello, na segunda planta. A inscrición é de balde.