Martes, 20 Novembro de 2018

O Concello completou a dotación dos novos vestiarios do Campo Municipal da Pedreira

/ Martes, 06/11/2018 - 08:36
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Investíronse 3.100 euros na compra de bancos, colgadoiros e mesas.

O Concello de Mugardos vén de completar a dotación dos novos vestiarios do Campo Municipal de Fútbol da Pedreira cun investimento de 3.100 euros que serviu para a instalación de bancos, colgadoiros e mesas. A alcaldesa, Pilar Díaz Otero, explicou que se equiparon tanto os vestiarios feminino e masculino para xogadoras e xogadores como o dos árbitros e lembrou que o goberno local impulsou tamén a construción destes novos vestiarios, superando a provisionalidade das instalacións anteriores, cun investimento de máis de 153.000 euros que se financiaron cunha cuantía importante, do 78%, con cargo ao POS+2017 da Deputación da Coruña.
 
Os novos vestiarios, ademais do mobiliario que se incorporou agora, contan con calefacción e van equipados con placas solares, de maneira que as persoas usuarias gozarán de mellores condicións e o consumo de enerxía será máis eficiente.
 
A construción e equipamento dos novos vestiarios, sumada á obra de acondicionamento do contorno do campo municipal de fútbol, a compra dun novo xogo de porterías fai un total de máis 368.000 euros investidos, nos últimos dous anos, na mellora destas instalacións deportivas.
 
1229
 
1230