Martes, 20 Novembro de 2018

Alerta Laranxa por choiva e vento

/ Xoves, 08/11/2018 - 14:38
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior por un episodio de fenómenos metereolóxicos adversos para Galicia.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía, AEMET, informa nos boletíns 98/71 GAL e 343/71 GAL, emitidos ás 10:53, dun fenómeno meteorolóxico adverso por vento e choiva, que afectará as provincias de Coruña, Lugo e Pontevedra.

A partir das 9:00 do día 9, estímase que poden chegar a acumularse 80 mm en 12 horas (NIVEL LARANXA) en Coruña Oeste e Suroeste, e Pontevedra Rías Baixas e Interior. En Pontevedra Miño, e Coruña Interior e Noroeste tamén se espera precipitacións intensas que conseguirán nivel amarelo.

Así mesmo, estas precipitacións virán acompañadas de fortes ventos a partir das 12 a.m., con refachos de máis de 70 km/h no interior das provincias de Lugo e Coruña, e 85 km/h nas zonas litorais destas provincias e no Centro e Montaña de Lugo (nivel AMARELO). No Noroeste de Coruña e a Mariña de Lugo conseguiranse máis de 100 km/h (nivel LARANXA).

1234