Xoves, 21 Novembro de 2019

Apertura do prazo para o Espazo Infantil de Xogo de Nadal 2018

/ Luns, 12/11/2018 - 14:08
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

A proposta do Concello de Mugardos para a conciliación desenvolverase desta volta cunha serie de actividades dedicadas á mestra e inventora Ángela Ruíz Robles.

O prazo para a inscrición no Espazo Infantil de Xogo de Nadal de 2018 comeza desde hoxe ao 20 de novembro, haberá  distintas plazas según o CEIP:
 
  • No CEIP Unión Mugardesa haberá 30 prazas.
  • No CEIP Santiago Apóstolo haberá 15 prazas.
 
Os días nos que se desenvolverá a actividade son o 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro de 2018 e os días 2, 3 e 4 de xaneiro de 2019. As actividades van dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos empadroados no Concello de Mugardos, aínda que no caso de quedar vacantes admitiranse tamén solicitudes de familias doutros municipios. A programación xirará entorno a figura dunha mestra ferrolá, escritora, inventora e percusora do libro electrónico, Ángela Ruíz Robles (1895-1979).
 
Haberá servizo de comedor, almorzo e dúas opcións de horario, que se poñerán en marcha no caso de acadar o mínimo de 7 participantes:
 
  • REDUCIDO: De 10:30 a 14:00 horas.
  • COMPLETO: De 08:00 a 14:00 horas.
 
Para todo o demáis, a actividade rexerase polo disposto nas bases xerais de funcionamento e acceso ao Espazo Infantil de Xogo e pola Ordenanza fiscal nº 28 regualdora da taxa pola prestación de servizos complementarios educativos e de conciliación da vida familiar e laboral recentemente modificadas.
 
Descarga os impresos e as bases nos seguintes arquivos adxuntos.