Venres, 22 Marzo de 2019

SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL

/ Mércores, 14/11/2018 - 12:29
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

SESIÓN INFORMATIVA DO SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL

 

O vindeiro 26 de novembro de 2018, levarase a cabo na Sala de Plenos da Casa do Concello de Mugardos unha Sesión Informativa de Orientación Laboral. Esta acción inicial está encadrada dentro das próximas actividades de desenvolvemento do Servizo de Orientación Laboral que vai prestar a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol nos concellos de Ares, Mugardos, Neda e Valdoviño subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria  ao abeiro da Orden do 19 de xaneiro de 2018 para a realización de actividades de orientación laboral.

Os destinatarios son as persoas  veciñas do Concello de Mugardos que estean en procura de emprego.

A finalidade  de dita sesión é establecer un contacto directo coas persoas desempregadas que fagan unha búsqueda activa de emprego para coñecer as suas demandas e intereses de cara a futuras intervencións de orientación laboral que favorezan a súa inserción no mercado de traballo.

A actividade comezará ás 12.00 horas e realizarase cunha metodoloxía activa e participativa entre todas as persoas asistentes

 

Para máis información:

SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL (Tlfno 627 586 101)

Centro de Formación Francisco Vizoso (Franza - Mugardos)