Mércores, 19 Decembro de 2018

Concentración contra a violencia de xénero

/ Mércores, 21/11/2018 - 09:19
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Concentración diante do Concello este venres 23 de novembro entre as 12 e 12:30 horas.

Mugardos, como concello adherido á "Campaña En Negro contra as violencias", fai un chamamento a toda a vila para levar a cabo unha concentración a favor desta campaña.

Este acto será o vindeiro venres 23 de novembro entre as 12 e as 12:30 horas diante do Concello.

  • A cidadanía que queira participar na concentración poderá facelo vestida de negro e con paraugas negros.
  • As empresas e outras entidades do Concello de Mugardos poden achegar as fotos dos seus establecementos, comercios ou oficinas e deles mesmos con camisetas e carteis de Mugardos En Negro.

1237

Esta convocatoria está enmarcada no programa de actos de conmemoración do día 25 de novembro en contra da violencia de xénero.

Descarga o manifesto sobre coa "Declaración Institucional en contra das Violencias".

Arquivo engadido: