Mércores, 19 Decembro de 2018

O Concello investirá 27.223 euros na mellora dos camiños do Redondo, Boado e o aparcadorio do Seixo

/ Mércores, 21/11/2018 - 10:14
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
O goberno local ten aberto o proceso de licitación, despois de que a Xunta de Goberno aprobou o proxecto o pasado 8 de novembro.
O goberno local de Mugardos ten aberto o proceso de licitación obras de mellora dos camiños municipais do Redondo, Boado e aparcadoiro do Seixo, unha actuación orzamentada en 27.223 euros e que se vai acometer con fondos municipais. A alcaldesa, Pilar Díaz, explicou que esta é unha nova intervención no marco do programa de posta ao día dos camiños de titularidade municipal, no que o Concello leva investidos máis de 1,5 millóns de euros nos últimos dous anos. A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto o pasado 8 de novembro.
 
A actuación abrangue a mellora de dous viais e o aparcadoiro situado na Avenida do Seixo, diante do local social. O camiño do Redondo ten 344 metros de lonxitude e discorre paralelo á Avenida Bello Piñeiro, por un tramo no que o sentido da circulación é oeste-este, e despois paralelo ao límite con Fene, en sentido nortesur. Ten un ancho medio de 3,50 metros e actualmente conta cun rego asfáltico, polo que as obras proxectadas incluirán desde o rebacheo e preparación da superficie ata a aplicación dunha capa de rego asfáltico.
 
 
No caso do camiño en Boado, ten actualmente un aglomerado en boas condicións, pero carece de sinalización horizontal e tamén de parte da vertical. Este é un vial de 830 metros, en sentido inicial este-oeste e final nortesur, que comeza na Avenida Celso Emilio Ferreiro e remata na estrada AC-132. A obra consistirá en pintar ou colocar as sinalizacións oportunas.
 
 
No aparcadoiro situado diante do local social do Seixo, a actuación consistirá en rebachear e botar unha nova capa de mistura bituminosa. É un espazo de 250 metros cadrados que presta servizo á Escola Infantil do Seixo, que abriu as portas de novo este curso grazas ao investimento do Concello; á Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega e ao Centro Solidario Municipal. A maiores, a superficie de aparcadoiro emprégase en ocasións para a celebración de actos populares como o magosto