Mércores, 19 Decembro de 2018

O Concello Mugardés secunda o venres a concentración da campaña "En Negro Contra as Violencias"

/ Xoves, 22/11/2018 - 09:18
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
Os actos polo 25N incluirán tamén a posta en escena do espectáculo “Matrioskas”, con historias de mulleres contadas e cantadas por mulleres.
O Concello de Mugardos chama a toda a cidadanía a sumarse á conmemoración do 25N, unha data adicada á loita pola erradicación das violencias contra as mulleres, asistindo á concentración que terá lugar este venres, día 23, ás doce do mediodía xunto ao consistorio. Segundo explicou a concelleira de Igualdade, Lola González, o acto celebrarase simultaneamente nos 102 concellos e tres diputacións adheridas á campaña “En Negro Contra as Violencias” e durante o mesmo lerase o manifesto asinado por todos eles, incluído Mugardos, o pasado día 12 en Santiago de Compostela.
 
Lola González lembrou tamén que, no marco dos actos programados pola súa Concellería con motivo do 25N, o Casino de Mugardos acollerá tamén este venres, ás 19.00 horas, o espectáculo “Matrioskas”, no que a contadora Marta Ortiz e a cantautora Sofía Espiñeira van enfiando historias de vida contadas e cantadas por mulleres, vivencias que foron pasando dunhas a outras e tecendo unha rede invisible.
 
1241
 
Fotos do espectáculo:
 
1243
 
1245
 
1246
 
Premio ao CEIP Santiago Apóstol
 
Por outra banda, onte, o colexio Santiago Apóstol de Franza recibiu o segundo premio do concurso de pezas audiovisuais convocado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta con motivo do 25N. O audiovisual presentado polos alumnos e alumnas de 5º de Primaria do centro fíxose co devandito galardón do certame, no que participaron medio cento de centros educativos galegos.
 
A concelleira Lola González acudiu á entrega do premio que se celebrou no salón de actos do edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, e felicitou ao grupo de nenos e nenas responsables do vídeo pola súa sensibilidade hacia un problema tan importante. A conselleira de Educación, Carmen Pomar, entregoulles o premio. No seu vídeo, nenos e nenas cantan unha canción na que desbotan os estereotipos de xénero e subliñan a igualdade entre homes e mulleres.
 
1240