Mércores, 19 Decembro de 2018

O Ciclo de Teatro do Seixo programa para hoxe unha función para o público infantil e familiar

/ Venres, 07/12/2018 - 09:44
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/
A Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo acolle desde o 6 ata o 9 de decembro o seu ciclo de teatro, un programa impulsado pola entidade coa colaboración do Concello de Mugardos. 
O programa abreuse onte coa estrea da obra "Rosalía, poeta na beira do mar, unha peza escrita expresamente por Eugenia Sanmartín para o grupo afeccionado da asociación, Teruca Bouza, na que se recrea a relación que mantivo a poeta con estas terras. A cita foi ás 20:00 horas , coa entrada libre.
 
O ciclo de teatro do Seixo contínua hoxe , tamén no local da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega, as oito da tarde e con entrada gratuíta, co espectáculo de monicreques "As aventurad de Gale", a cargo da compañia A Xanela do Maxín. Esta representación forma parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
 
Grupos de teatro afeccionado das Pontes e de Covas protagonizarán as seguintes funcións. O sábado día 8, O Catre Teatro porá en escena a obra "All you need is war", unha parodia sobre a guerra e os militares, e o domingo, día 9. O Maxolo escenificará a peza "el Florido Pensil", unha divertida historia sobre a escola nacional católica da posguerra.