Mércores, 17 Xullo de 2019

Actividades deportivas para este Nadal: zumba e iniciación á escalada

/ Mércores, 26/12/2018 - 11:00
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Nestes días desenvólvense cursos de iniciación á escalada e clases abertas de zumba.

Nos vindeiros días desenvolveranse cursos de iniciación á escalada no rocódromo do Pavillón Municipal do Cristo.

  1. A primeira quenda será dende hoxe día 26 ao 28, con horarios diferentes para nenos e nenas de 7 a 16 anos e maiores, e haberá outra quenda do 2 ao 4 de xaneiro.
  2. A inscrición pode facerse no departamento de Deportes do Concello. Custa 5 euros e inclúe o material necesario.

E no marco do programa de actividades deportivas no Nadal, haberá sesións de zumba abertas a todas as idades e de balde hoxe, día 26 e o 27 e 28 de decembro, de 12.00 a 13.00 horas.