Mércores, 23 Xaneiro de 2019

Rutas do primeiro trimestre do 2019

/ Venres, 28/12/2018 - 09:16
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

Horario e puntos de saída das rutas.

Recordar aos participantes que estén anotados que non teñen que volver a facelo, simplemente estar pendentes da Web do Concello e das Redes Sociais antes de cada andaina.

Os puntos de saída de cada ruta serán os seguintes:

  • 13 de xaneiro: Cabanas-Redes-Cabanas. Ás 10 h. no aparcamento que hai a continuación do hotel Sarga de Cabanas (pinar).
  • 10 de febreiro: Ruta en Pontedeume con subida a Breamo. Ás 10 h. desde o torreón dos Andrade en Pontedeume.
  • 10 de marzo: Neda-Xubia-Neda. Ás 10 h. desde a igrexa de San Nicolás de Neda.

Para quen non coñeza estes puntos poderá sair ás 9 h. desde diante do Concello de Mugardos.