Xoves, 20 Xuño de 2019

Actuación do cuarteto "SonBoleros"

/ Luns, 31/12/2018 - 14:00
Concello de Mugardos - http://www.concellodemugardos.gal/

O día 6 de xaneiro haberá unha actuación do cuarteto "SonBoleros", homenaxe ás mellores cancións da música latina.

A formación está composta por un cuarteto de contrabaixo, piano, percusións e voz que rende homenaxe ás mellores cancións da música latina: bolero, son cubano, salsa e chachachás. Música de calidade para escoitar e non deixar de bailar.

A actuación será ás 22.30 h no Casino Mugardés e a entrade será de balde.

A continuación preséntase o cartel da actuación:

1298